16-09-2019

Inscrición escolas deportivas 2019-2020

O horario de atención ao público do pavillón será de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas, se ben os días 16, 18 e 23 de setembro tamén atenderán ao público entre as 16:30 e as 19:00 horas. A matriculación nas escolas deportivas farase por rigoroso orde de inscrición.

16-09-2019

Inscrición nas actividades da escola de avós e avoas

Inscricións entre o luns 16 e o venres 27 de setembro.

18-09-2019

Subvencións a entidades en réxime de concorrencia competitiva 2018

Concello de Fene establece o prazo de solicitude ata o 1 de outubro ás 14:00 horas. Subvencionaranse gastos de funcionamento, mantemento e tamén de organización de eventos e actividades e desprazamentos.

19-09-2019

Aberto o prazo de solicitude nas instalacións deportivas municipais tempada 2019/2020

Dende o 19 de setembro, os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de clubs federados do Concello. O prazo de solicitude será do 19 ao 26 de setembro.

21-09-2019

Outlet. Merca in Fene

21 de setembro, de 10:00 a 20:30 horas. O evento localizarase entre as avenidas Naturais e do Concello e a rúa Marqués de Figueroa, os tres eixos nos que están instalados os 20 negocios que participan nesta edición e as carpas do concello.

21-09-2019

Entrega equipación carreira da muller

A entrega da equipación para a carreira  o sábado 21 de setembro de 11:00h a 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Fene.

22-09-2019

Carreira da Muller

A saída dos autocares: o domingo 22 ás 8.30 horas dende a casa do Concello de Fene. A volta dende A Coruña está prevista ás 14:00 horas.