Benestar e igualdade

Novas

  • Acto de clausura das Tardes Activas, nas que participaron 120 veciños e veciñas

    Un total de 120 veciños e veciñas tomaron parte ó longo do presente trimestre nos diferentes obradoiros do programa municipal de envellecemento activo e participación social “Tardes Activas” que organizou a Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Juana Barro.

  • Arranca o curso Robótica para comerse o tarro

    O curso “Robótica para comerse o tarro” que promove a Concellería de Benestar Social que dirixe Juana Barro arrancaba a semana pasada no CCRD de Perlío. Unha actividade dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos que se celebrará ata o 2 de febreiro e na que se abordarán materias como programación, minecraft, realidade aumentada, scratch, prototipos 3D, simulacións con robots ou novas tecnoloxías. O departamento municipal informa de que queda algunha praza libre, polo que os mozos e mozas interesados/as aínda poden anotarse no no whatsapp 670 034 625 ou no Centro Municipal de Servizos Sociais –Avenida do Mar, bloque 1 San Valentín.

  • Reunión informativa este xoves no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene sobre o programa “Vacacións en Paz”

    A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Juana Barro, convida ós veciños e veciñas de Fene a tomar parte mañá xoves, ás 11 horas, nunha xuntanza informativa sobre o programa “Vacacións en Paz” que se celebrará no Centro Municipal de Servizos Sociais –Avenida do Mar, bloque 1 San Valentín-. O programa consiste na acollida de nenos/nenas saharauis procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria) ata Galicia, para que pasen dous meses de verán (xullo e agosto) acollidos por familias, neste caso, do termo municipal de Fene.

Ver máis