Fene ao día

Novas

  • Fene conmemora o Día dos Museos co espectáculo “Un show a cobro revertido”

    Fene conmemorará o Día dos Museos co espectáculo “Un show a cobro revertido”, a cargo de Las niñas de la risa. Terá lugar este sábado, 18 de maio, ás 20 horas, no Museo do Humor. A entrada é libre ata completar aforo e a cita, que organiza o Concello, conta coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.

  • Aberta a inscrición no obradoiro “A convivencia cos fillos e fillas: modelos educativos, normas e límites”

    O Concello de Fene organiza o obradoiro “A convivencia cos fillos e fillas: modelos educativos, normas e límites”. Será o vindeiro xoves 23 de maio, de 17 a 18,30 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais e, aínda que a participación é gratuíta, é preciso inscribirse previamente cumprimentando unha folla de inscrición e entregándoa antes do 21 de maio no centro de ensino, ANPA ou no propio Centro Municipal de Servizos Sociais. As prazas están limitadas a 25 e requírese un mínimo de 10 persoas anotadas.
     

  • A Casa da Cultura alberga a mostra do alumnado da Escola Infantil A Galiña Azul “Pequenas crianzas coa arte”

    A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene inaugurará mañá xoves unha mostra moi especial baixo o título "Pequenas crianzas coa arte", do alumnado da Escola Infantil A Galiña Azul do municipio. Permanecerá ata o 30 de maio nas instalacións culturais e o horario de visitas será de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. Así mesmo, o xoves 23 de maio, todo o alumnado da Escola Infantil realizará unha visita á exposición da Casa da Cultura e á biblioteca. Será en horario de mañá.

Ver máis

Axenda