Noticias

18-01-2018

Súmate e doa. Ti dás o tipo

Hoxe, xoves 18 de xaneiro achégate a Casa do Concello e doa sangue. A túa colaboración é vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.

17-01-2018

Fene vai de entroido!

O Concello repartirá 6.500 euros entre as comparsas participantes, o prazo para inscribirse remata o 2 de febreiro.

Fomento comeza as obras para mellorar a seguridade nas curvas de Santa Ana

A Área de Conservación e Explotación de Estradas do Estado iniciou na mañá de onte os traballos para evitar que o quilómetro 29 da N-651 continúe sendo un dos puntos máis negros da rede viaria da provincia.


"Galicia-Cabo Verde: unha irmandade" estará en Fene outros 15 días máis

A mostra do fotógrafo ferrolán Rober Amado  reflicte varios proxectos desenvolvidos no arquipélago africano polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade


Recital de guitarra clásica de Iria Quintía na Casa da Cultura de Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este venres, 12 de xaneiro, un concerto a cargo da guitarrista Iria Quintía Romero.


Axenda

Tamén en fene.gal