Programas

Programa Xantar na Casa

O programa "Xantar na Casa" é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores e/ou dependentes.

Programa Axuda no Fogar

Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas de carácter doméstico e da vivenda, acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria e outros.

Programa para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis

Concesión de subvencións de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis.

Axudas municipais destinadas á atención de necesidades sociais

Conxunto de axudas e prestacións económicas de carácter non periódico destinadas a paliar ou resolver situacións de emerxencia social, previr situacións de exclusión social e favorecer a plena integración de sectores de poboación que carezan de recursos económicos.

Programa de Educación e Apoio Familiar

Programa público integrado na rede de Servicios Sociais Comunitarios, orientado á prestar un conxunto de actuacións de apoio á familia no ámbito psicoeducativo, relacional, persoal... e cofinaciado pola Deputación Provincial de A Coruña e o Concello de Fene.

Programa de prevención de consumo de drogas na escola (PPCDE)

Os obxectivos destes programas son informar e formar ao alumnado sobre drogas legais e ilegais; axudarlle a desenvolver estratexias para saber resistir a presión do grupo e fomentar o espírito crítico con respecto da publicidade das drogas legais.

Cine e Saúde

Programa de ámbito escolar, de educación en valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e comportamentais no ámbito escolar a través dos medios audio visuais e as TIC.

Máis que un teito

A finalidade do programa é a de promover unha maior implicación dos pais e nais ou titores como axentes de saúde e fomentar a adquisición das competencias necesarias para que poidan desenvolver esta importante función de forma axeitada.

Entre todos

Mocidade Activa

Con este programa de ámbito xuvenil se fomenta un uso saudable do tempo libre do alumnado de Secundaria a través de diversas actividades lúdico-educativas nos momentos de lecer, incrementando as habilidades básicas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir polo uso/abuso de drogas e as habilidades de resistencia.

Penélope

Este programa no ámbito do xénero ten por finalidade a ruptura da tendencia á igualación das pautas de consumo de drogas das mulleres coa dos homes, reducindo deste modo a incidencia dos problemas de drogas nas mulleres.

Formación de mediadores

Programa de ámbito comunitario que se oferta simultaneamente nos concellos de Fene, Mugardos e Neda e lévase a cabo en dúas fases: captación e selección de mediadores/as e formación.

Información/sensibilización

Neste programa de ámbito comunitario desenvolvense campañas de sensibilización e información sobre as consecuencias das drogas legais e ilegais.

Programa de mediación en conductas aditivas

Servizo municipal estabel que presta un conxunto de medidas específicas de incorporación social, especialmente aplicadas de xeito individualizado.